miércoles, 24 de octubre de 2012

PERSONAXES DE SAMAÍN 2012

Estes son algúns dos personaxes que iremos vendo durante estes cursos sobre a celebración de Samaín.
Este ano coñeceremos dous deles : a cabaza Risitas e o morcego Marcelo. Aquí déixovos as  súas fotos e un pouco da súa historia.
Marcelo é un morcego de cor verde porque lle gustan moito os grelos galegos.
Leva lentes de sol porque sae de día . Marcelo era un morcego diferente aos demáis , non comía como os demáis morcegos nin lle gustaban as mesmas cousas.
Risitas é unha cabaza de Samaín de cor laranxa , que sempre está contenta e se ri moito, moitísimo. A Risitas gústalle moito disfrazarse e que a adornen por Samaín , mesmo que lle poñan candeas dentro...para asustar un pouco. 
 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...