martes, 11 de septiembre de 2012

ADAPTACIÓN 2012 DEBEMOS SABER...



A escolarización supón para o neno/a entrar nunha situación descoñecida :
·       Pode producir sentimentos de abandono que lle produce inseguridade.
·       Ten que enfrontarse a un espazo no que pode sentirse desorientado e perdido.
·       Nestes momentos perde a noción da rutina cotiá a que estaba acostumado/a.
·       Entra en relacións con descoñecidos , tanto adultos como os demais nenos/as.
·       E o máis importante : unha separación da súa familia e do seu universo relacional coñecido.
O período de adaptación implica tempo e varía según o neno/a. 
Os obxectivos principais do período de adaptación serán adaptarse a :
1. Aceptación da separación da familia.
2. Adultos diferentes dos seus pais e familiares.
3. Espazo da aula e do centro coas súas dependencias máis próximas.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...