lunes, 17 de octubre de 2011

SAMAÍN A HISTORIA

Estamos en tempo de Samaín , coñezamos a súa historia e a súa relación co halloween. Samaín é unha festividade de orixe celta na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro se celebraba o final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerado como o ano novo celta que comezaba coa estación escura ( o noso inverno). A palabra ven do gaélico (escocés) que significa "fin do verán".
O Samaín foi practicado polos celtas dende hai máis de 3000 anos e aínda séguese celebrando por algúns druidas.
Polo Samaín era costume baleirar nabos e cabazas e poñelos dentro candeas. Pouco a pouco co cristianismo Samaín convertese no Día de Todos os Santos e de aí a palabra halloween (all hallows eve) vespera de todos os santos. Os irlandeses e anglosaxóns que marcharon a Estados Unidos déronlle continuidade nese país.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...