sábado, 15 de octubre de 2011

ALEX O VENDIMADOR

Seguimos degustando e aprendendo cousas sobre os froitos de outono e un dos froitos estrela son as uvas. Alex foi a facer a vendima e quixo compartir con nós estas fotos para que vexamos as uvas e os acios colgados da vide.











Tamén estamos en época de vendima, que como xa falaramos na clase , é a recolección das uvas para facer o viño. Alex está nesta foto en plena recolección das uvas...








Alex en plena vendima , na parte da recolección coas tesoiras cortando os acios ...qué uvas máis boas...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...